![]()
BOIRO > Arranca en Boiro a cuarta edición do certame de curtas ‘Nada sobre Nós sen Nós’ promovido pola asociación ‘AMBAR’ en colaboración co concello.
{flowplayer}barbanza/certameambar.flv{/flowplayer}
Este certame, enmarcado nas xornadas audiovisuais que cada ano celebra o concello de Boiro, pretende fuxir dos estereotipos que habitualmente rodean á discapacidade e achegarse ás situacións cotiás das persoas con diversidade funcional.
Este ano presentáronse ó certame un total de 22 traballos dos que foron seleccionados dez, entre os que se inclúen ficción, formato documental, animación e mesmo unha peza de video arte. Entre os seus creadores destacan importantes directores galegos como Fernando Cortizo ou Elena García. Compartirán cartel con cineastas doutras rexións españolas e de fóra do noso país.
Amplo programa
As actividades programadas no certame darán comezo o venres ás seis e media da tarde cun cine fórum na casa da cultura da Cachada no que se proxectarán dúas cinbtas: Pae, Mae e Filho e Espiral. As proxeccións darán paso a un coloquio inciado por Manuel Lobato, destacado membro do movemento Vida Independente en España. Tanto o venres como o sábado, a partir das oito da tarde, no local Aturuxo proxectaranse as cintas presentadas a concurso.
O sábado pola mañá terá lugar a reunión do xurado composto por Manuel Lobato, o director Ricardo Llovo, o actor José Manuel Oliveira Pico, a xornalista especialistas en temas sociais, Marga Toxo, e o edil boirés de Cultura, Xerardo Piñeiro. A partir das sete da tarde terá lugar a entrega de premios.








