Sete grupos de teatro participarán na Mostra Infantil de Ribeira

RIBEIRA> Sete agrupacións da comarca participarán na Mostra Infantil de teatro de Ribeira ‘Daniel Gómez Ramil’ que se desenvolverá ó longo da próxima semana. Tódalas actuacións terán lugar ás sete e media da tarde no auditorio municipal. A clausura correrá a cargo do grupo infantil municipal o sábado 3 de xuño.

Dous grupos de teatro da Pobra: os das ANPA de Cadreche e de Bandaseca, serán os encargados de inaugurar a mostra coas adaptacións de Peter Pan e Charlie e a fábrica de Chcocolate, o luns e o martes respectivamente.

A partir do mércores tocaralle a quenda ós grupos locais de Ribeira. O grupo de teatro do colexio Bayón levará a escena dúas pezas: os Galácticos e A viaxe soñada . O xoves e o venres serán os alumnos do Galaxia e do Colexio de Artes os encargados de subir ás táboas mentres que o grupo municipal de teatro infantil de Ribeira clausurará a mostra o sábado 3 de xuño. En total, subiranse ó escenario 150 pequenos artistas.

Tódalas función serán no auditorio ás sete e media e poderase retirar a invitación media hora antes do comezo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí