A CIG demanda a revisión do convenio coa empresa responsable do transporte urbano de Ribeira

RIBEIRA> O BNG de Ribeira levará a pleno unha moción solicitando a revisión do contrato coa empresa responsable do transporte urbano. Denuncian as condicións de acoso laboral que sofren varios traballadores así como o incumprimento reiterado das sancións e condenas interpostas por vía xudicial.

O conflito laboral que se vive nunha das empresas do Grupo Ferrín, responsable do transporte urbano de Ribeira, transcenderá ó debate público a través dunha moción presentada polo BNG a iniciativa da CIG. O obxectivo desta iniciativa, que se debaterá o próximo luns, é instar ó concello a tomar medidas ante as irregularidades denunciadas polos traballadores.

En paralelo á vía xudicial, que segue o seu curso, dende a CIG propoñen a revisión do contrato coa empresa, coa que o concello ten asinado un convenio por valor de cen mil euros.

Os nacionalistas instará ó goberno a adoptar as medidas necesarias para que as empresas que xestionen un servizo público cumpran estritamente as condicións laborais establecidas nos convenios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí