Paquito S.L. e Cefrico reciben axudas millonarias para modernizar as súas fábricas

    subvencionspaquito_100_061108.jpgBARBANZA/SALNÉS > Pesca achegará subvencións a dúas empresas de transformación de produtos do mar por valor de 13 millóns de euros.

    {flowplayer}barbanza/subvencionspaquito.flv{/flowplayer}

    En concreto, a Consellería de Pesca destinará preto de 3,4 millóns de euros á execución do proxecto de modernización do centro de elaboración e precociñados de produtos do mar nas instalacións da empresa Paquito S.L. en Boiro. O proxecto presentado pola empresa suporá un investimento total superior aos 5,6 millóns de euros.

    Creación de emprego

    Con esta mellora, a firma boiresa, que conta actualmente con 89 traballadores indefinidos e 47 temporais, prevé a creación de 23 novos postos de traballo indefinidos e 21 temporais.

    Por outra banda, a Consellería de Pesca destinará máis de 9,7 millóns de euros á realización do proxecto de ampliación e mellora para a manipulación e envasado de produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, que será levado a cabo nas instalacións da empresa Centro Frigorífico Conservero, Cefrico, en Vilagarcía de Arousa.

    O investimento total realizado por esta compañía superará os 16,2 millóns de euros. Cefrico conta na actualidade con 91 traballadores indefinidos e dous temporais, aínda que con este proxecto prevé crear 75 empregos indefinidos máis.

    Redacción Barbanza