Boiro acollerá o Campionato Galego de Boxeo Promesas

    BOIRO> A velada terá lugar esta próxima fin de semana, o sábado e domingo, no pavillón de Praia Xardín, baixo a organización do Club de Deportes de Contacto do Barbanza. Baixo a organización do Club de Deportes de Contacto do Barbanza disputarase esta vindeira fin de semana en Boiro, no pavillón municipal de Praia Xardín, o Campionato Galego de Boxeo Promesas, nas distintas categorías en competición. Á cita teñen confirmada xa a súa asistencia máis de 18 clubs de toda Galicia. A cita conta coa colaboración da Federación Galega de Boxeo e o propio concello de Boiro, de onde animaron a asistir a esta velada. Nos campionatos tomarán parte varios representantes do Club organizador, que contan con serias posibilidades de facerse co título nas súas respectivas categorías. Trátase de Jacobo Patiño que pelexará na categoría de lixeiro para menos de 60 quilos e Neo Blanco que competirá na categoría de superwelter en menos de 69 quilos. A entrada terá un custe de quince euros o bono para os dous días e de dez para unha única xornada. O inicio da competición está fixada o sábado ás sete da tarde.