O BNG preocúpase pola posible afectación do novo trazado do gaseoduto a vivendas en Taragoña

    gaseoducto_100_281108.jpgRIANXO > Os nacionalistas teñen previsto presentar alegacións solicitando que a tubaxe discurra en paralelo á nova autovía do Barbanza

    A pesar de que o trazado orixinal foi modificado nun 90 por cento para minimizar a afectación ós terreos que percorría, o novo proxecto segue a pasar moi próximo ós núcleos de vivendas do Burato e A Burata, na parroquia rianxeira. Neste sentido, o grupo municipal do BNG pretende que se volva a modificar o percorrido do gasoducto, discorrendo en paralelo pola autovía do Barbanza sempre que sexa viable tecnicamente.

    Fonda preocupación

    Os nacionalistas xa trasladaron a súa preocupación ó resto dos grupos na comisión de urbanismo. O seu obxectivo é consensuar as alegacións a presentar ó proxecto co resto da corporación, para evitar que se vexan prexudicados terreos urbanizables ou de aproveitamento agrícola-gandeiro.

    Dende o BNG agardan que as súas demandas sexan tidas en conta para poñer en marcha un proxecto que consideran de gran importancia para achegar o gas natural á comarca do Barbanza.

    Redacción Barbanza