As obras da Praza da Constitución rematarán o 15 de decembro

    teresa_taboas100.jpgCUNTIS > A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, visitou o concello de Cuntis para revisar as obras de remodelación…

    … da praza da Constitución. Esta obra forma parte do Plan de Remodelación e Humanización da consellería que trata de converter ás cidades en espazos máis habitables e dinamizar os concellos.

    Cuntis estreará a nova praza da constitución o vindeiro 15 de decembro. Esta é a data prevista para o fin destas obras que puxo en marcha o concello coa colaboración da consellería de Vivenda e Solo, cun orzamento de 296.000 euros.

    A conselleira Teresa Táboas destacou a importancia de que as cidades sexan espazos para a convivencia e a ledicia dos cidadáns. Para logralo, a nova praza da constitución de Cuntis terá máis espazos verdes e lugares adoitados para o descanso.

    A consellería de Vivenda e Solo potenciará o desenvolvemento da actividade industrial en Cuntis mediante a urbanización do novo parque empresarial, no que se investirán tres millóns de euros, a través da empresa Xestur. A conselleira confirmou que tamén é intención da consellería de Vivenda legalizar a situación do actual polígono para potenciar a actividade industrial en Cuntis. 

     No encontro que mantiveron a alcaldesa de Cuntis e a conselleira de Vivenda, o grupo de goberno deste municipio comprometeuse a cederlle á consellería tres escolas de mestres da zona co fin de que a Administración constrúa varias vivendas públicas, en réxime de aluguer, para favorecer ó acceso dos galegos á un domicilio. Será ao longo do vindeiro ano.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/TERESA_TABOAS_EN_CUNTIS.flv{/flowplayer}