RIBEIRA> Ribeira acolleu a presentación do Manual para a Implementación de Laboratorios de Innovación Trasnformadora en concellos e cámaras municipais. Trátase dun proxecto piloto que vén de poñer en marcha o Eixo Atlántico co obxectivo de incrementar a cohesión social e territorial dos municipios.
O concello de Ribeira e a localidade portuguesa de Santa María da Feira son as dúas primeiras entidades municipais que poñen en marcha os Laboratorios de Innovación desenvolvidos polo Eixo Atlántico. Este proxecto piloto ten como base un estudo desenvolvido pola Universidade de Deusto que radiografía a situación da sociedade galega e portuguesa, cun 15 por cento da poboación en risco de exclusión, identificando como principais factores as fendas xeracional, como de xénero e dixital.
A raíz deste estudo desenvolveuse unha folla de ruta implicando non só ós axentes sociais e económicos senón tamén as distintas áreas do goberno municipal para xeral estes laboratorios que permitan guiar ós concellos no desenvolvemento de políticas transversais cara un municipio cohesionado e con garantía de calidade de vida para os seus cidadáns.
Tras esta primeira fase, o Eixo Atlántico traballa xa na implementación do laboratorios nos concellos de Betanzos e O Barco de Valdeorras que tomarán como base a experiencia de Ribeira. A terceira fase desenvolverase nas cámaras portuguesas de Braga e Bragança.