Unha vintena de vivendas beneficiaranse dunha nova mellora do saneamento en Frións

    RIBEIRA> A xunta de goberno local do Concello de Ribeira aprobou un novo proxecto dirixido á instalación dun pozo de bombeo e unha rede de saneamento no lugar coñecido como Aldea Frións, na parroquia de Carreira. Este proxecto ten por obxecto conseguir unha adecuada condución das augas residuais que se verten neste núcleo e a súa conexión coa rede de colectores primarios. Neste senso, instalaranse 232 metros de tubaxe en PVC SN4 de 315 milímetros de diámetro e outros 118 de PVC SN4 de 250 milímetros. Ademais, construirase un bombeo de formigón de 2,5 metros de diámetro e 3 metros de profundidade para aloxar dúas bombas de 3,1 litros/segundo de caudal, cunha impulsión de 150 metros de tubaxe de polietileno de 110 milímetros de diámetro. Ademais, realizaranse os enganches das vivendas existentes,un total de 25, á rede instalada. O investimento que comporta esta actuación ascende a 158.887,27 euros e o prazo de execución son tres meses.