Xestur asumirá a execución do polígono de Ribeira que podería estar licitada a finais de ano

RIBEIRA> A alcaldesa de Ribeira e a conselleira de Industria asinaron un protocolo de colaboración para o desenvolvemento do futuro polígono. Será Xestur o encargado de executar o proxecto de construción do parque empresarial de Pedras Vermellas.

As obras do futuro polígono industrial de Ribeira poderían estar licitadas a finais de ano. Así informou a Conselleira de Industria no acto de sinatura de protocolo de colaboración co concello de Ribeira para que Xestur asuma a execución do proxecto.

O protocolo permitirá modificar o proxecto inicial que establecía as bases para planificar unha execución cun maior detalle técnico, tal e como require unha obra de semellante envergadura.

A actuación, cun investimento estimado de máis de 15 millóns de euros, suporá a creación de 260 mil metros cadrados de chan industrial dar cobertura a unha demanda histórica das empresas locais.