![]()
RIBADUMIA > A alcaldesa de Ribadumia visitou as obras de restauración da Carballeira de Barrantes. Unha intervención…
…que rematará na vindeira semana e na que se investiron 120.000 euros, grazas a un convenio firmado entre o concello de Ribadumia e a consellería de Vivenda. Corpo.
Os veciños que se acheguen ata Ribadumia poderán pasear pola Carballeira de Barrantes, a partir da vindeira semana. Este é o prazo estimado pola alcaldesa do concello para que finalicen as obras de intervención neste espazo, que xa están na segunda fase.
Estas obras comezaron no mes de novembro para cementar a explanada da Carballeira. Amais da cementación da explanada, o proxecto contempla o empedrado das gradas coa fin de conseguir espazos de descanso para os veciños. A iluminación con focos de grande potencia e a colocación de mobiliario urbano son as outras intervencións previstas dentro desta segunda fase de remodelación da carballeira.
A obra ten un importe de 120.000 euros que sufragará, nun 80% a consellería de Vivenda. O concello aportará o 20% restante destes 120.000 euros.
Redaccion Salnés
{flowplayer}images/salnes/salome_por_carballeira.flv{/flowplayer}








