Un Extrugasa moi mermado polas baixas, plantou cara ó Ibiza

baloncesto250_121208.jpgFONTECARMOA > O Extrugasa non puido co Ibiza e caeu por 18 puntos de diferencia (61-79), que agora son os que deberían remontar na volta para estar nos oitavos da Eurocup.

Pese a abultada derrota a imaxe deixada polas vilagarciáns foi boa, tendo en conta o bo equipo que tiñan enfronte e sobre todo a gran cantidade de baixas coas que acudía ó encontro, incluindo a de Taru Tuukkanen, á cal a FIBA non lle deu autorización para xogar este partido.

61-79 foi o resultado final despois de que as vilagarcián fixesen probablemente a mellor primeira parte do ano. Chegaron ó descanso dous abaixo (33-35). No terceiro cuarto, as baleares entonáronse e dende o 6,25 mataron o partido e probablemente a eliminatoria, porque aínda que queda a volta en Ibiza o próximo xoves, semella que o encontro será un trámite.

O Extrugasa o que quere agora é centrarse na Liga e no partido que mañá lle vai enfrontar ó Perfumerías Avenida a partires das 18:00. Unha cancha, a das salmantinas, dificilmente accesible.

Ademais, en Liga Eba, o Inelga xogará en Ourense o domingo ás 17:30 coa clara intención de romper coa xeira de catro derrotas consecutivas.

Redacción Salnés