Caldas dispón dun punto de aluguer de bicicletas de montaña co sistema de asistencia pedalec

CALDAS> Unha parella de Caldas abre na vila Verdeciclos, o primeiro punto de aluguer de bicicletas de montaña. A particularidade do seus vehículos é que contan co sistema Pedalec, unha tecnoloxía eléctrica que serve para reforzar o pedaleado. Dende a empresa recomendan tres rutas: a da vía verde, a das cascadas e o camiño portugués ata padrón, vila na que se pode deixar as bicicletas nos albergues ou nun punto de recollida na praza da igrexa.

Unha das vilas da nosa contorna pola que transitan máis peregrinos é Caldas de Reis. Un municipio rural no que a natureza cobra gran importancia. Conscientes da gran riqueza natural da súa vila, dous veciños crearon Verdeciclo, un punto de aluguer de bicicletas de montaña co que poder percorrer todos os espazos de Caldas. A gran novidade da súa empresa é que os vehículos veñen equipados co sistema Pedalec.

O sistema tamén se detén ao pasar dos 25 quilómetros por hora ou ao pulsar o freo. Esta tecnoloxía utiliza baterías eléctricas, fomento un medio de desprazamento ecolóxico e saudable.

As bicicletas alúganse a través da aplicación de verdeciclos, aínda que as reservas poden facerse previamente na web da compañía. Dende a compañía recomendan tres rutas para gozar do seu uso: A vía verde do Salnés, a contorna das fervenzas de Caldas ou o camiño portugués ata Padrón, vila na que é posible deixar as bicicletas nos albergues ou na praza da igrexa.

Verdeciclos preséntase como unha gran opción para gozar de toda a contorna natural de Caldas pero tamén como unha alternativa para facer o camiño portugués, incluso se aparece o cansazo e as dores propias do percorrido.

A empresa leva funcionando tres semanas e polo de agora está tendo unha gran acollida, especialmente durante a Semana Santa. Os interesados en gozar cos vehículos de Verdeciclo só teñen que descargarse a ampliación, rexistrarse e achegarse a recoller a bicicleta na rúa Don Carlos García Bayón de Caldas.