O proxecto do polígono da Medela pon en pé de guerra ós veciños

    valga100_261208.jpgVALGA > A polémica en torno ó polígono da Medela-Magariños, en Valga, continúa latente. O proxecto…

    …foi aprobado a semana pasada en Pleno, pese ás corenta alegacións e cincocentas sinaturas presentadas polos veciños en contra deste. Os afectados cren que están a ser obxecto de burla por parte do alcalde.

    Os veciños das parroquias da Medela e Magariños, en Valga, non se queren quedar cos brazos cruzados ante a posible construcción nas súas terras dun polígono industrial.

    No Pleno celebrado a pasada semana aprobouse o plan para a realización de tal proxecto, cos votos favorables de PP e BNG. A coordinadora contra o polígono quéixase do pasotismo que sofren por parte do goberno local.

    Presentaron cdorenta alegacións ó plan, redactadas por un perito industrial e coa axuda dun abogado, e cincocentas sinaturas, que caeron en saco roto. Non ven necesaria unha nova área para a industria nesta zona, e menos de tal tamaño, uns 750kms2, e nesa ubicación, xa que hai outros cinco polígonos ó redor do concello que non funcionan a pleno rendemento.

    Os veciños acusan ó alcalde de terlles pedido ser solidarios co seus veciños e de prometerlles traerlle o alcantarillado ás súas parroquias se aceptan as condicións.

    O proxecto de acceso para o polígono, cunha estrada de catro carrís, atravesaría e dividiría as aldeas en dous, aillando a unha parte da outro.

    A coordinadora manterá unha reunión o vindeiro martes con representantes do BNG en Pontevedra e están pendentes de entrevistarse coa Consellería de Política Territorial. Buscarán tamén que Medio Ambiente non saque un informe positivo.

    Redacción Salnés