Concello e CPI Mosteiro de Meis despiden ao alumnado portugués de intercambio de Vilafranca do Campo

MEIS> O concello e o CPI Mosteiro de Meis despiden aos alumnos de intercambio de Vilafranca do Campo, en Portugal. Un grupo de escolares do país veciño visitou estes días a comarca debido a un programa de botánica da Unión Europea que levan en común co colexio meisino e outro centro de Irlanda. No caso dos estudantes irlandeses, farán a súa visita a Meis no mes de Xuño.

Despois da parada obrigada pola pandemia, o CPI Mosteiro de Meis xunto con outros dous centros de Irlanda e Portugal continuaron co programa botánico de selección e mellora participativa da Unión Europea. Este programa consiste en cultivar repolos en cada unha das zonas e logo cruzalos.

Os escolares comparten as súas investigacións e viaxan aos outros países para coñecer os seus traballos e as súas culturas. Os estudantes de Meis xa se desprazaron a Irlanda e a Portugal. A experiencia foi moi positiva.

Estas semanas son os alumnos portugueses de Vilafranca do Campo os que visitan Meis, e ao igual que o CPI de Mosteiro, consideran a experiencia moi positiva.

Tamén afirmaron quedar encantados con Meis e a comarca do Salnés polo seu parentesco coa súa vila.

Os alumnos despedíanse este venres cunha festa organizada polo CPI de Mosteiro e o concello de Meis. Dende o goberno local destacan estes intercambios para o enriquecemento cultural dos seus adolescentes.

No mes de xuño será o alumnado de Irlanda o que visite Meis. Ante o éxito do programa, dende o CPI

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí