Cambados Zona Centro sortea 1.100 euros en vales de compra

    CAMBADOS> A Asociación Comercial Cambados Zona Centro ven de presentar a súa campaña de promoción de vendas neste Nadal. En total repartirán 1.100 en vales de compra entre os seus clientes, e amais, colaborarán cas actividades para cativos que organiza o Concello. Un total de 1.100 euros en vales de compra é o agasallo que teñen previsto desde Cambados Zona Centro este Nadal para os seus clientes. Todos aqueles que merquen nos 120 comercios e locais de hostalería adheridos a esta Asociación recibirán rifas, sexa cal sexa o gasto que realicen, e con elas poderán optar ó sorteo destes catro vales, que terá lugar o venres día 10 de xaneiro no Salón de Plenos do Concello. A maiores Zona Centro colaborará nas actividades que organiza o Concello para os máis pequenos da casa: un concurso de postais de Nadal, o venres 20, e cadansúa festa infantil os días de noiteboa e fin de ano, e tamén a Cabalgata de Reis. É por último pero non menos importante, os comerciantes de Cambados intentarán que estas festas non quede ningún neno sen xoguetes, co que desde esta semana están a recoller xoguetes para fins solidarios nas súas oficinas da Rúa Ourense. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/10/zonacentro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/10/campana_nadal_cambados_2013.mp4{/flowplayer}