O Concello recibe 82 anteproxectos para o Museo da Historia da Cidade

    praza_valentin100_070109.jpgPONTEVEDRA > O Concello de Pontevedra recibiu 82 propostas de anteproxectos para o concurso do Museo de Historia da Cidade.

    Conclúe así a avalancha producida no Rexistro municipal entre finais de 2008 e os primeiros días de 2009. Aínda que as propostas son secretas e os participantes concorren baixo lema, o goberno local ten indicios de que un número significativo ten chegado de diversos países da Unión Europea e de fóra dela.

    A intención da tenente de alcalde e impulsora deste concurso, Teresa Casal, é que o xurado se reúna en torno ó día 20 para examinar a documentación e elixir ós gañadores. Barállase tamén a posibilidade de organizar unha exposición pública coa documentación gráfica de tódolos anteproxectos recibidos.

    O orzamento final para a construción do Museo da Historia superará os catro millóns e medio de euros. O edificio terá un superficie de máis de 3 mil metros cadrados con áreas de recepción, exposición permanente, dinamización cultural, investigación e servizo. O deseño exterior ha de ser compatible co aproveitamento da praza Valentín García Escudero.

    Redacción Salnés