Porto do Son baralla a zona do Outeiro como primeira opción para o futuro centro de saúde

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son proporá ó SERGAS a zona do Outeiro para a construción do futuro centro de saúde. No caso de non reunir os requisitos, a alternativa sería unha parcela ó carón da casa consistorial.

O concello de Porto do Son acolleuse á liña de crédito sen intereses do Instituto Galego de Vivenda e Solo para adquirir esta estrutura emprazada na zona do Outeiro Alto. O obxectivo é destinala ó futuro centro de saúde ó tempo que se elimina a edificación que supón un negativo impacto paisaxístico nun barrio que se está a rehabilitar.

De autorizarse a construción nesa zona, o inmoble contaría con dúas plantas para centro de saúde e 3 subterráneas para aparcadoiro.

De non contar co visto bo de Sanidade, o concello ten plan B, uns terreos próximos á casa consistorial. Sexa nun ou noutro, a intención da administración municipal é poñelos canto antes á disposición do SERGAS posto que Porto do Son figura no nivel 1 de prioridade para a construción dun centro de saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí