Primeiro atropelo do ano en Vilagarcía

    atropelo_vilagarcia_100_050109.jpgVILAGARCÍA > O accidente tivo lugar o venres á noite na Avenida Rosalía de Castro de Carril

    …Un turismo Ford Focus arrolaba a un mozo de 16 anos cando cruzaba por un paso de peóns. O rapaz resultou ferido leve cun traumatismo nunha perna.

    Logo de pechar o 2008 con 39 atropelos, cinco deles mortais, o primeiro accidente do 2009 en Vilagarcía producíase un día despois de estrear o ano. O venres á noite, un turismo Ford Focus que circulaba pola Avenida de Rosalía de Castro en Carril atropelaba a un mozo de 16 anos cando cruzaba por un paso de peóns.

    Segundo as testemuñas, o accidente puido deberse a un descoido do peón. O rapaz resultou ferido leve, cunha fractura na tibia. Tralo sinistro foi trasladado en ambulancia cara o Hospital do Salnés primeiro e logo ó Hospital Domínguez de Pontevedra para a súa recuperación.

    O condutor do turismo, de 29 anos, responde ás siglas B. C. L. e é veciño de Boiro. No caso do mozo atropelado, ten nacionalidade brasileira e atopábase pasando uns días de vacacións na vila cos seus pais.

    O paso de peóns no que se produciu o accidente, pintado en vermello e branco, está pendente de ser modificado para adaptarse á nova normativa do Ministerio de Fomento. Este regulamento prohibe sinalizar os pasos de peóns noutras cores que non sexa branco.

    Redacción Salnés