Aberto o prazo de inscrición na III Carreira Popular de Lousame

    LOUSAME> A proba terá lugar o próximo 21 de maio, podéndose realizar as inscricións ata o día 18 a través da páxina www.emesports.es. O salón de actos do Concello acollía a presentación oficial da carreira, que chega este ano á súa terceira edición. O acto contou coa presenza de destacados atletas locais, entre eles a propia Pilar Barreiro Senra, que dá nome á proba, e que xa anunciou que participará ese día na carreira. A carreira de dez quilómetros na súa categoría absoluta terá un percorrido similar ó de edicións anteriores, con trazados alternativos para as categorías base. Como novidade este anos, ademais doutros servizos ó corredor, e que se disporá de gardería, para que os pais que o desexen poidan participar con total tranquilidade. Dende o Concello agardan unha alta participación ese día, superando as cifras de edicións anteriores, tratando de converter a proba nunha festa do deporte. O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 18 de maio, a través da páxina web www.emesports.es. Os prezos mantéñense con respecto ó ano anterior, seis euros para a proba absoluta, e gratis para os menores de dezasete anos.