O programa Vive en Defensa do Monte Galego arrinca o luns en Vilanova

    programa_vive_100_080109.jpgVILANOVA > Mozos de toda Galicia achegaranse ó Albergue Xuvenil As Sinas para aprender a coidar os bosques.

     {flowplayer}images/salnes/080109_programa_vive_defensa_monte_galego.flv{/flowplayer} 

    O programa Vive en Defensa do Monte Galego forma parte da campaña de educación ambiental que a Xunta está a levar a cabo entre a xuventude galega. Os voluntarios encargados de impartir os obradoiros xa están a traballar no albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova, para recibir o luns ós primeiros rapaces.

    O programa Vive funciona como un campamento. Cada semana 75 mozos de toda Galicia de entre 14 e 17 anos chegarán ó campamento no luns e permanecerán alí ata o xoves. Durante a súa estancia os participantes realizarán desde obradoiros de reforestación e recollida de sementes ata xogos de rol ou visitas ás aldeas da zona. Desde a organización animan ós rapaces da comarca a participar a través dos seus centros de ensino.

    Cada colexio poderá solicitar ata un máximo de 25 prazas. Unha vez cubertas as inscricións deberán enviarse ó enderezo de correo electrónico belen.sancosmed.salgado@xunta.es. O prezo por praza é de 56 euros, cun desconto do 25 por cento para os rapaces que dispoñan de carné xove.

    Redacción Salnés