Salomé Peña querelarase contra Barral por inxurias e calumnias

    salomepena_100_201106.jpgRIBADUMIA > Tras celebrarse o acto de conciliación entre a alcaldesa de Ribadumia e o ex alcalde, …

    … a rexedora anuncia que se querellará contra Barral por non retractarse das acusacións que fixo contra ela.

    Salomé Peña demandou ó ex alcalde e líder dos independentes por inxurias e calumnias, que, supostamente, foron feitas no pleno extraordinario celebrado en decembro. Neste pleno Xosé Ramón Barral acusou á alcaldesa de recibir 120.000 euros dun empresario como pago pola compra dunha parcela no polígono.

    Os Independentes pediron unha rectificación no pleno da semana pasada que foi incluída na acta e na que se especificaba que quen asegurou terlle pagado a Salomé foi o propio empresario.

    Sen embargo ó non retractarse no acto de conciliación celebrado onte, a alcaldesa anuncia que segue adiante coa querela, xa que no borrador da acta da secretaria se recolle perfectamente a primeira versión que atenta contra a súa dignidade.

    Redacción Salnés