Unha guía para conciliar vida familiar e traballo

    laura_seara100_250311.jpgVILAGARCÍA> A directora do Instituto de la Mujer, Laura Seara, presentou hoxe unha guía de boas prácticas para a conciliación da vida familiar e laboral

    {flowplayer}images/salnes/PROGRAMA_EQUILIBRIO.flv{/flowplayer}

    A distribución dos tempos de cidade e o reparto de tarefas no coidado de persoas adultas son dúas boas prácticas nas que destaca o concello de Vilagarcía no ámbito da conciliación da vida familiar e profesional. E así se recollen nunha guía presentada esta mañá pola directora xeral do Instituto de la Mujer.

    A publicación, tamén dispoñible en internet, recolle 62 boas prácticas para promover a conciliación da vida persoal, familiar e profesional desde entidades locais de España e Noruega. Un total de 46 municipios, entre eles Vilagarcía colaboran neste proxecto, denominado Equilibrio. O obxectivo é deixar claro que a conciliación é un dereito de cidadanía, non só de mulleres.

    Dentro deste plan europeo, Vilagarcía ten deseñados dous plans de conciliación, un para o persoal municipal e outro dirixido á cidadanía. A edil de Muller Victoria Hierro destacou que neles colaboran tódolos departamentos municipais.

    A presentación celebrouse esta mañá no concello de Vilagarcía, coa presencia de varios edís e técnicos municipais.

    Redacción Salnés