Expoferta volve a Vilagarcía do 6 ó 8 de marzo

    convenio_expoferta_100_080109.jpgVILAGARCÍA > Fexdega e Zona Aberta recuperan a feira logo de suspendela o pasado verán por falta de expositores.

    {flowplayer}images/salnes/080109_ptac_expoferta.flv{/flowplayer} 

    Despois de tres edicións celebrándose no verán, este ano Expoferta converterase nunha feira de inverno na que os comerciantes ofrecerán os seus produtos de stock a prezos rebaixados. Ademais do cambio de data, esta edición reducirase tamén de cinco a tres días a duración da feira. Os vindeiros 6, 7 e 8 de marzo o recinto de Fexdega abrirá as súas portas en horario ininterrompido de doce da mañá a dez da noite. Unhas novidades coas que se agarda atraer máis público.

    A presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, e o xerente de Fexdega, Juan Luis Callón, asinaron un convenio a tres anos para a celebración da Expoferta durante o 2009, 2010 e 2011. Outra das novidades desta cuarta edición será a incorporación de comerciantes non asociados a Zona Aberta.

    Os expositores ocuparán unha superficie de 800 metros cadrados. Dende a organización agardan igualar ou incluso superar os 40 comerciantes que participaron en anteriores edicións. Ademais das rebaixas, Expoferta manterá o seu espazo de lecer coa organización dunha ludoteca para os máis cativos.

    Redacción Salnés