Tremoedo e Caleiro renden homenaxe ao seu párroco, Don Manuel, cun xantar pola súa xubilación

VILANOVA> Os fregueses das parroquais de Tremoedo e Caleiro, en Vilanova, organizaron para este domingo un xantar de homenaxe ao seu cura. Don Manuel vaise xubilar, logo de máis de catro décadas de servizo en Vilonova e toda unha vida estudando a palabra de Deus. Recoñece recibir este recoñecemento con gratitude e moita emoción. Di estar satisfeito co traballo feito nestas dúas parroquias, onde logrou crear unhas comunidades moi unidas. Asegerura que el nunca vai colgar a sotana e que seguirá colaborando sempre que a saúde llo permita.

Con ledicia e inmensa gratitude recibe Don Manuel o anuncio do xantar de homenaxe que están a preparar para este domingo os seus fregueses das parroquias de Tremoedo e Caleiro, en Vilanova. Logo de toda unha vida ao servizo de Deus, decidiu xubilarse, motivado polos seus problemas de mobilidade.

Don Manuel naceu en Romai, no concello de Portas, no ano 39. Logo de estudar no Seminario de Santiago, percorreu varias parroquias galegas ata chegar a Tremoedo en 1976. No 2014 facíase cargo tamén da parroquia de Caleiro. De todo este tempo recoñece momento duros, especialmente no último adeus a tantos veciños. Con todo, el prefire quedar coas lembranzas máis alegres, comezando polo oficio do bautismo.

Di estar satisfeito do seu paso por estas parroquias. Non só conseguiu te-los tempolos en perfectas condicións, senón que logrou o máis dificil: crear ao redor ao redor da igrexa unha sólida comunidade.

O párroco aproveita tamén sobre como mudou a sociedade en todas estas décadas. Tamén sobre a falta de curas que sofre Galicia.

Para el tamén é un gran problema que a rapazada e a mocidade non se achegue á igrexa. Cre que esa é unha mostra máis do cambio social que vive Occidente.

No seu caso, a igrexa éo todo. A súa foi unha vocación moi temperá.

É por iso que aínda que se xubile non ten pensado deixar de servir ás súas parroquias. Comprométese a estar colaborando sempre que a saúde llo permita.

Está previsto que o novo cura chegue a estas parroquias, a máis tardar, a mediados de maio. Ata daquela Don Manuel seguirá atendendo aos seus fregueses. Aproveita as cámaras de Canal Rías Baixas para mandarlle a todos eles unha mensaxe de agradecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí