O fondo da dársena de Ribeira acumula todo tipo de residuos

    limpezadarsenaribeira_100_190109.jpgRIBEIRA> Portos de Galicia e a Asociación de Armadores Galegos acometeron este sábado a limpeza da dársena interior do porto de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/limpezadarsenaribeira.flv{/flowplayer}

    Plásticos, rodas, restos de nasas e ata contedores. Todo isto atopábase no fondo da dársena interior do porto ribeirés. No exercicio anti-contaminación desenvolvido este sábado por Portos de Galicia e ASOAR – ARMEGA, un total de vinte buzos sumerxíronse nas augas comprendidas entre o peirao comercial e os atraques para subministro de xeo. Ó longo de toda mañá, os mergulladores foron retirando residuos como chatarra, neumáticos ou caixas de madeira, entre outros.

    A cantidade de lixo era tal que, a pesar de encher tres depósitos, soamente se retirou o cinco por cento de tódolos residuos. Por este motivo, o presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, anunciou que seguirán a promover iniciativas similares ata conquerir a limpeza total da dársena.

    Concienciación

    O titular do ente provincial apelou á sensibilidade de toda a sociedade, en xeral, e do sector do mar, en particular, para evitar a acumulación de lixo no mar, un medio do que vive boa parte da poboación galega, directa ou indirectamente.

    Na xornada de limpeza participaron de xeito voluntario os buzos que traballan nas instalacións portuarias, Protección Civil, os membros da confraría de pescadores así como doutros colectivos vencellados ó porto.

    Redacción Barbanza