A POBRA> O concello da Pobra convoca a novena edición do Concurso Fotográfico de Micoloxía. O prazo para participar estará aberto ata o día 2 de novembro. Os aspirantes poderán presentar un máximo de dúas instantáneas.
No marco das súas Xornadas Micolóxicas, o concello da Pobra volve poñer en marcha o concurso fotográfico. Nesta novena edición agardan seguir incrementando a participación dos últimos anos con máis de 30 inscritos, co obxectivo de fomentar a creatividade e o coñecemento do medio natural a través dos fungos.
Os interesados dispoñen de prazo ata o día 2 de novembro para realizar as inscricións Poderán participar enviando un máximo de dúas fotografías ó enderezo apobra.micoloxia@gmail.com.
O xurado decidirá os tres premiados que recibirán vales de compra por valor de 350, 250 e 150 euros respectivamente.











