Lousame porá en marcha o programa ‘Espazos en Familia’

    LOUSAME> O concello de . Trátase dunha actividade socioeducativa dirixida a familias con nenos ou futuros pais. As sesión sterán carácter semanal e xa está aberto o prazo de inscrición para aquelas familias interesadas. Off O programa ‘Espazos en Familia’ que promove o concello de Lousame é unha actividade baseada no programa ‘Preescolar na Casa’. Estará impartido pola Asociación Antonio Gandoy e ten coma principal finalidade crear un espazo para o encontro e a formación das familias en temas relacionados coa primeira infancia. Trátase en definitiva do intercambio de experiencias entre familias. As sesións terán un carácter semanal, dunha hora e media de duración, tempo no que se levarán a cabo actividades e xogos en grupo que, ademais de propiciarlles ferramentas e coñecementos ós adultos, tamén servirán de resposta ás necesidades dos menores. Dende o Concello xa informaron de que está aberto o período de reserva de praza, sendo a data límite para inscribirse o primeiro de marzo. Para máis información e inscricións, as familias interesadas deben dirixirse ó departamento de Servizos Sociais ou ben chamar ó teléfono 981 82 04 94.