![]()
POBRA> O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra acolleu a presentación do novo edificio de usos múltiples do Náutico do Caramiñal.
{flowplayer}barbanza/novasedenauticopobra.flv{/flowplayer}
O estudo de arquitectura ‘Díaz e Díaz’ foi o autor da proposta máis atractiva das cinco presentadas. O deseño moderno e funcional da futura sede do náutico permitirá sacar o maior partido ás súas instalacións.
Nova imaxe
O moderno edificio integrarase na fachada marítima da vila mudando a súa imaxe actual coa incorporación das novas instalacións.
O presidente do Náutico gabou o proxecto e agradeceu que Portos de Galicia asumira por fin esta obra tan necesaria. Obra que se complementará con outras actuacións portuarias, tal e como lembrou o alcalde da Pobra.
Unha vez perfilado o proxecto definitivo, Portos de Galicia dará a coñecer o orzamento e prazos necesarios para acomete-la obra.
Redacción Barbanza










