Concéntranse ás portas das vivendas que non teñen dereito a mercar

    concentracionvivendasescarabote_100_020209.jpgBOIRO> Os veciños das vivendas sociais esixen a Vivenda o cumprimento dos contratos que permitan pasar do réxime de alugueiro a compra – venda.

    {flowplayer}barbanza/concentracionvivendasescarabote.flv{/flowplayer}

    Tras expoñer publicamente o seu malestar, os adxudicatarios das vivendas socias de Escarabote en réxime de aluguer decidiron concentrarse ás portas das súas casas para reivindicar o seu dereito á adquirir as vivendas en propiedade.

    Segundo denuncian, os contratos asinados coa Consellería de Vivenda e Solo estipulaban a posibilidade de cambiar do réxime de alugueiro ó de compra-venda a partir da realización da seguinte declaración da renda, unha vez adxudicado o piso. Compromiso que, sosteñen, tamén adquiriu publicamente o delegado de Vivenda no acto de entrega das chaves.

    Agora, coa nova lei de Vivenda terán que agardar nove anos para poder ter o piso en propiedade. Os afectados síntense totalmente enganados pola administración pública que ademias de mentirlles intencionadamente agora lles nega a posibilidade de adquirir unha vivenda na que investiron moitos dos seus aforros, posto que, segundo denuncian, presentaban moitas deficiencias.

    Casos similares

    Os veciños fan un chamamento ademais a outras persoas que poidan estar na mesma situación noutras zonas de Galicia co fin de agruparse para unir esforzos e conseguir que a administración recolla as súas demandas.

    As persoas que desexen contactar cos afectados de Boiro poden facelo a través do correo electrónico nanies1@hotmail.com. Así mesmo, solicitarán apoio ante o valedor do pobo para que defenda os seus dereitos.

    Redacción Barbanza