Satisfacción moderada na Xunta polo novo acordo de cotas para 2017

    BARBANZA> Os recortes que se introducirán serán menores ós previstos nun primeiro momento. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mostrouse satisfeita polo acordo final acadado en Bruselas no consello de ministros de Pesca da Unión Europea no que se negociaron os tac’s e cotas de pesca para o 2017. A pesar de non ser a mellor, segundo ela, a proposta final establece menos dos recortes previstos inicialmente fixados nun 20 % para a pescada e nun 45% para o xurelo, as dúas especies de maior interese para a flota galega. Haberá un recorte dun 1’4 por cento da pescada do sur, ata 6.700 toneladas e o xurelo do Cantábrico redúcese a un 23%, ata 11.800 toneladas. Ademais nas negociacións lográronse incrementos nas reservas que se capturan no Gran Sol, e aumentan tamén as posibilidades de captura para a pescada do norte nun 10%, ata acadar as 33.700 toneladas. Dende o sector recoñécense avances pero amosa a súa preocupación por algúns dos recortes, como é o caso do 15% no rapante do Gran Sol.