A música e o baile tradicional protagonizarán o III Magosto Arrancadeira

A POBRA> A Asociación Cultural Arrancadeira organizará na Pobra o seu terceiro magosto en colaboración co concello. Celebrarase o sábado 4 de novembro na Praza do Emigrante coa música e o baile tradicional como principais protagonistas.

O sábado 4 de novembro ás seis e media da tarde darán comezo na Praza do Emigrante da Pobra os actos enmarcados no terceiro magosto Arrancadeira. O primeiro deles será o obradoiro ‘O baile na comarca da Mahía’ impartido por Alejadro Martínez para oq ue é preciso inscribirse previamente no enderezo arrancadeirapobra@hotmail.com. A continuación terá lugar unha foliada coa participación de once agrupacións tradicionais da comarca.

A partir das dez darán comezo os concertos de Lagharteiras e Os Campantes da Baña que dará paso a unha foliada libre á que se poderán sumar tódolos participantes. Ademais do concello da Pobra colaboran nesta iniciativa a Deputación da Coruña e a peña deportivista Arousa North.