Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos

    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal. A mostra que ata hoxe puido visitarse na biblioteca de Ribeira realiza un repaso pola traxectoria persoal e profesional dos primeiros autores homenaxeados polas Letras Galegas. Enmárcase no programa cultural ‘Letras ó Camiño’ no que colaboran a Deputación da Coruña para contribuír a divulgar as obras máis descoñecidas dos autores galegos enriquecendo así o noso acervo cultural. A próxima parada desta mostra itinerante será en Santiago onde permanecerá ata finais de xaneiro.