O Compostela sufre para levarse os puntos de San Pedro

futbol250_020209.jpgVILALONGA> Impúxose o líder ó Vilalonga, pero tivo que sufrilo e remontar o gol inicial de Machu. Esta derrota deixa ós de Gabi Leis sumidos no grupo traseiro da clasificación. O Portonovo perdeu co Montañeros cae a postos de descenso.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_020209.flv{/flowplayer} 

O líder visitaba San Pedro, despois de ter perdido a súa imbatibilidade a semana pasada, e  a piques estivo de volver a caer ante un Vilalonga que asinou os mellores 45 minutos da campaña, pero que tralo descanso afundíuse víctima do cansancio.

Os de Gabi Leis saíron con forza e dispuxeron de dúas grandes ocasións antes de facer o gol. Primeiro, Pablo Pillado, cun disparo que sacou a defensa visitante baixo paus. Despois,  Rubí rematou ó pau; o extremo vigués non está a pasar polo seu mellor momento de forma, pero demostrou de novo o perigoso que é no un contra un.

O gol do Vilalonga estaba ó caer, e tivo que ser Machu pasado o cuarto de hora o que puxera en vantaxe ós celestes cun gran disparo cruzado. O Compos non apareceu en ataque ata case ó descanso.

Pero as cousas cambiaron no segundo tempo. Ó pouco de comezar chegou a mellor xogada do partido. Dobre ocasión para Jimmy. Primeiro centra e o balón vaise ó pau; caza o rexeite e fai unha xogada persoal de funambulista na que tumba sobre a liña de fondol a tres contrarios e lanza de novo á madeira. O lateral do Compostela estase a destapar como un xogador de categoría superior.

O empate santiagués chegaría de penalti. Quito derrubou a Vladimir despois dunha boa combinación do guineano con Peter Rocha. Mariño transformou a pena máxima e colocou a igualada no taboleiro de marcas.

A nove para o remate chegou a remontada visitante. Munín, sen oportunidades durante case toda a temporada, aproveitou un saque de esquina botado por Mariño para convertirse no heroe e darlle os tres puntos ó conxunto de Chus Baleato. 

Intentouno o Vilalonga ata o final, pero nin as frozas nin a sorte responderon. Esta derrota déixaos sumidos no grupo de cola, a catro puntos do descenso.

Un descenso que agora marca o Portonovo tras caer por 3-2 co Montañeros. Unha mala primeira metade, na que encaixaron os tres goles, condenaou os de Milucho que aínda tiveron opcións de empatar o choque despois de que Baptiste asinara o segundo gol a quince para o remate. Derrota que doe en Baltar que cada vez ve con maoir preocupación a situación do equipo na táboa.

Redacción Salnés