Os afectados da AC-305 volven esixir a dimisión de Caride

    concentracionac305_100_020209.jpgPOBRA> A pesar de que o proceso de expropiacións na AC-305 segue o seu rumbo, os veciños non perden ocasión de manifestar a súa oposición ó proxecto.

    {flowplayer}barbanza/concentracionac305.flv{/flowplayer}

    Ó grito de ‘Non á expropiación, Caride dimisión’, os afectados polo proxecto de mellora da AC-305 ó seu paso pola Pobra volveron a deixar patente o seu rexeitamento a esta actuación. Unha actuacion que, a pesar de que xerou o rexeitamento de tódolos grupos políticos a nivel municipal, ademais da súa forte contestación social, segue para diante.

    Os veciños están fartos de boas palabras e poucas solucións e síntense indefensos ante a obra que se vai executar de forma inmimente.

    Sen afectados

    A semana pasada, os afectados procederon á firma das actas de expropiación aínda que existe un compromiso por parte de Política Territorial de reducir a afectación unha vez iniciadas as obras. Sen embargo, ó carecer dunha modificación sobre plano, os veciños non teñen garantías de que se vaian respectar as súas propiedades.

    Tanto os propios afectados como a corporación local coincide na necesidade de acometer unha mellora na seguridade da vía pero sen causar un impacto tan grande sobre as propiedades privadas. Neste senso, tanto o PP como o BNG xa manifestaron a súa intención de modificar o proxecto no caso de asumir o control de Política Territorial a partir das eleccións do día 1 de marzo. Pero polo momento, os veciños só contan con iso, con compromisos, á espera de que se reduza a afectación sobre os seus bens.

    Redacción Barbanza