Dous adestradores novos, ¿dúas victorias seguras?

futbol250_200209.jpgSALNÉS> Portonovo e Arousa precisan unha victoria xa para escapar dos postos de descenso. Os dous equipos queren que se cumpra o dito de "a adestrador novo, victoria segura". Marcos Canle debutará en Baltar ante o Negreira, Pablo Vázquez na Xunqueira ante o filial do seu ex-equipo, o Pontevedra B.

O Arousa visita prácticamente en cadro a un dos conxuntos máis perigosos da categoría a día de hoxe, o Pontevedra B, que suma nove xornadas sen perder, con cinco victorias e catro empates nese período.

No debut de Pablo Vázquez, o adestrador non poderá contar nin coas coñecidas baixas de Fernando e Roberto, tampouco estará Miguel, mentres que Alberto cumplirá sanción pola expulsión que sufríu no derbi. Ademais, Padín nun pé, e Nelo cunha pubalxia, arrastraron molestias durante a semana e son seria dúbida.

Nos pros, que Pablo Vázquez coñece moi ben ó rival co que se enfrontan este domingo.

O Portonovo pola súa parte recibe ó Negreira, conxunto chamado a loitar polo ascenso pero que se víu afastado das posicións de privilexio no último mes debido a seis derrotas consecutivas.

Recuperados tras vencer a semana pasada ó Santa Comba, visitan Baltar con tantas gañas de victoria como o Portonovo. Moitas das miradas estarán postas en Marcos Canle, que debutará no banquiño, no cal a afección ten moitas esperanzas postas, aínda que chegará ó choque tras ter só tres adestramentos para coñecer ó plantel.

 Víctor será baixa na defensa por sanción.

Redacción Salnés