A Federación dá a coñecer o calendario da Copa Galicia

basket250_310709.jpgSALNÉS> A Federación Galega de Baloncesto deu a coñecer xa o calendario da Copa Galicia. O Extrugasa de Vilagarcía xogará co Ensino e co Pabellón Ourense, mentres que o club cambadés Xuven Establecimientos Otero enfrontarase ó Obradoiro, ó Ourense e ó Marín.

Tanto Extrugasa como Establecimientos Otero xogan este mes de setembro na Copa Galicia de Baloncesto.

O equipo vilagarcián arranca esta competición nun grupo no que tamén están dous equipos da Liga Feminina 2, o Ensino e o Pabellón Ourense. Os partidos serán os días 12, 16 e 19 de setembro. O primeiro deste grupo accederá á fase final da competición, que se xogará o 25 e o 26 de setembro, e na que se atoparán co Celta, clasificado por estar na liga feminina, e ós dous primeiros clasificados do outro grupo, no que estarán Pío XII, Universitario de Ferrol, Arxil e Carmelitas.

En canto á competición masculina, o Establecimientos Otero de Cambados xogará contra catro equipos que tamén xogarán a liga EBA: Ourense Capital Termal, Marín Peixegalego e Óptica Val Obradoiro. Os partidos serán o 2, 5 e 9 de setembro. No outro grupo de EBA están o Chantada, Básquet Xiria, Estudiantes de Lugo e Ferrol. Os campións de cada grupo enfrontaranse o 12 de setembro na final.

Redacción Salnés