Os minoristas realizan unha nova xornada de paro na lonxa ribeiresa

    protestabertorella_100_25022009.jpgRIBEIRA> Con esta protesta queren chamar a atención das administracións públicas ó sentirse discriminados fronte a outros colectivos do sector pesqueiro.

    Non é a primeira vez que os socios desta entidade deciden movilizarse para dar a coñecer as súas demandas. Coa desta tarde xa son cinco as protestas que protagonizaron na lonxa de Ribeira dende o mes de xuño do pasado ano. A pesares do tempo transcurrido, na actualidade a administración autonómica e municipal segue sen atender as súas peticións.

    {flowplayer}barbanza/protestabertorella.flv{/flowplayer}

    Dende esta asociación denuncian a situación abafante pola que está a pasar o sector dos vendedores polo miúdo e critican a falta de respostas da Consellería de Pesca, que en troques de axudalos inxectan cartos nas confrarías para que monten postos de venda directa, como ten acontecido no concello de A Pobra entrando así nunha competencia desleal. Tamén piden a comprensión dos consumidores e compradores finais ante o seu traballo que desenvolven igual que calquera outro autónomo.

    Aumento de vixiancia

    Pero non só reclaman a atención do goberno autonómico. Dende Bertorella esixen tamén ao concello de Ribeira que asuma as súas responsabilidades. Queren que se aumente a vixiancia no recinto da lonxa para evitar a entrada de persoas alleas a actividade portuaria e para evitar que os particulares sen autorización mercan peixe na lonxa.

    Ante esta complicada situación, dende a asociación Bertorella continuarán con estas manifestacións e mesmo non descartan acudir a outras lonxa da comarca para poder realizar o seu traballo en condicións máis dignas.

    Redacción Barbanza