VILAGARCÍA> O polígono industrial de Bamio, en Vilanova, estará rematado no mes de marzo. Así o anunciou o director xeral do Instituto…
…galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino, nun encontro cos empresarios do Salnés en Vilagarcía. Pino analizou as iniciativas que se puxeron en marcha na última lexislatura, dende a consellería de Vivenda e Solo. Daniel Pino asegura que, na última lexislatura, duplicouse o solo industrial creado por Fraga, en 16 anos.
A delegada provincial da consellería de Industria, Montserrat Prado, tamén estivo presente nesta reunión e destacou a política que se acometeu nos últimos 3 anos na súa consellería. Prado presumiu de ter habilitado as infraestruturas necesarias para levar a cabo a produción industrial nos polígonos da comarca.
Dezasete empresarios da comarca do Salnés acudiron a este encontro para coñecer de preto, as iniciativas dos nacionalistas, e para transmitirlle as súas preocupacións e necesidades.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/250209_BNG_encontro_empresarial.flv{/flowplayer}