A Comisión de Pesca do PPdeG analiza en Ribeira os retos de futuro do sector

RIBEIRA> A Comisión de Pesca do PPdeG visitou a lonxa de Ribeira para coñecer de primeira man  o funcionamento da principal rula de pesca artesanal de Galicia. Posteriormente mantiveron unha xuntanza de traballo para analizar os retos do sector ante un complicado 2023.

Os responsables de Pesca do PPdeG auguran un 2023 con moitas dores de cabeza para o sector pesqueiro ante as decisións tomadas polo goberno central que se suman ó veto europeo á pesca de fondo.

Lamentan tamén os populares que o executivo central non incluíra ó peixe na rebaixa do IVE así como as limitacións nas axudas ó combustible que non darán resposta ás expectativas do sector.

A pesar dos momentos complicados que se agardan dende o PP consideran que hai marxe para o optimismo dado o bo estado biolóxico da maioría dos recursos que motivaron un incremento do 25 por cento das posibilidades de pesca para a flota galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí