![]()
RIBEIRA> O sindicato Comisións Obreiras presentou un informe sobre as mulleres no mercado laboral na Barbanza
O informe elaborado polo gabinete técnico-económico de Comisións Obreiras pon en evidencia que as mulleres seguen a estar discriminadas no mercado de traballo. A xeito de resumo, as mulleres teñen un peso no emprego inferior ao seu peso poboacional e o feito de que posuan un maior nivel académico non implica un menor desemprego.
O documento tamén reflicte que a alta temporalidade e as xornadas parciais caracterizan o mundo laboral feminino. Por sectores económicos, no 2008 a ocupación das mulleres na comarca da Barbanza continuou sendo máis elevado naqueles traballos incluidos no sector servizos e da industria. A súa presencia redúcese notablemente no sector da construcción.
É significativo tamén, segundo se tira do informe, que os postos que desempeñan mulleres teñen como principal característica a baixa cualificación, unha remuneración inferior aos homes e escasas posibilidades de promoción. En canto as diferencias de salarios, esta continúa sendo outra das características do emprego feminino, achándose os soldos das mulleres un 25% por debaixo dos homes.
{flowplayer}barbanza/ccoo.flv{/flowplayer}
Ante este panorama dende o sindicato Comisións Obreiras conmemorarán o día internacional da Muller demandando o fortalecemento das políticas de igualdade de xénero e solicitando a administración medidas para fomentar a corresponsabilidade na sociedade.
Día da clase Obreira Galega
Ademáis de celebrar o día da Muller, este mes o sindicato conmemorará o Día da Clase Obreira Galega cunha manifestación que terá lugar en Ferrol o día dez de marzo pola defensa do emprego, a negociación colectiva e os dereitos laborais, dun cambio no modelo produtivo e a procura dunha maior protección social e igualdade no traballo.
A delegación da Barbanza de Comisión Obreiras fretará autobuses para trasladar a todos aqueles que desexen acudir a esta manifestación.
Redacción Barbanza










