Salomé Peña urxe a retirada de maleza na ponte de Cabanelas

    ponte_cabanelas100_050309.jpgRIBADUMIA> A alcaldesa Salomé Peña reitera a grave situación que provocan as ramas e os troncos de árbores que están obstruíndo a Ponte

    … de Cabanelas, situación que xa puxo en coñecemento de Augas de Galicia e de Medio Ambiente a mediados de febreiro.

    Di a rexedora que a Consellería chamou daquela ao Concello para avisar que as retirarías nos días seguintes pero ninguén fixo nada. Salomé Peña lembra que o domingo 29 se disputará neste entorno a segunda proba da Copa Galega de Promoción de Slalom nas categorías infantil e alevín.

    Vendo a situación na ponte de Cabanelas, a alcaldesa cre que é evidente a urxencia e a necesidade de que se limpe o cauce do Umia. Peña advirte que esta maleza pode provocar tamén importantes danos na estrutura da Ponte. Outra das consecuencias son as posibles inundacións do entorno do río en caso de que volvan a sucederse as choivas.

    Redacción Salnés