Nova vía para a consecución da xornada única no CEP Cabo de Cruz

    reunionpaiscabo_100_250309.jpgBOIRO> Representantes da comunidade educativa do colexio Santa Mª do Castro desprazaronse ata a Coruña para reunirse co delegado de Educación.

    {flowplayer}barbanza/reunionpaiscabo.flv{/flowplayer}

    Unha semana despois de que os pais iniciaran as súas concentracións esixindo a xornada mixta para os alumnos do colexio de Cabo de Cruz, o delegado provincial de Educación, José Manuel Mouriz, accedeu a reunirse con eles para escoitar as súas demandas.

    Defecto de forma

    Estas consisten basicamente na implantación dunha xornada similar á continua, aínda que cunha tarde lectiva á semana, que foi elixida pola gran maioría da comunidade educativa. Sen embargo, esta opción non é viable xa que a proposta presenta un defecto de forma e non pode ser admitida posto que contradi a norma.

    Recurso

    Como única alternativa, o delegado propuxo ós pais a presentación dun recurso de alzada ante a Consellería que, de ser admitido a trámite, abriría a posibilidade de volver a solicitar a xornada mixta, tal e como establece a normativa, con dúas tardes lectivas.

    Se ben non é exactamente o que solicitaban, os pais están satisfeitos coa reunión e consideran que é un primeiro paso para poder optar, co paso do tempo, á xornada única.

    Apoio do concello

    Os pais agardan que o seu recurso sexa admitido a trámite e se resolva canto antes. Para elo, contan co apoio do alcalde e o seu equipo de goberno, que mesmo se compromteu a entregar o recurso en man co fin de conseguir que a consecución da nova xornada sexa unha realidade antes de que se produza o cambio de goberno na Xunta.

    Redacción Barbanza