O programa ‘Rural Activo’ fomenta a creación de emprego e a prevención dos incendios

LOUSAME> A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou o concello de Lousame para coñecer os traballos que se están a desenvolver no marco do programa ‘Suma Talento, Verán Activo’. A Xunta destinou 85 mil euros á contratación de cinco persoas desempregadas que realizan tarefas de conservación forestal e prevención de incendios.

O programa Rural Activo da Xunta de Galicia céntrase en favorecer o acceso ó mercado laboral de persoas desempregadas ó tempo que reforza a prevención de incendios forestais e a conservación do medio rural. En Lousame, son 5 os beneficiarios deste plan, contratados a xornada completa durante nove meses. Ademais da limpeza de montes realizan labores de xestión da biomasa forestal e mantemento e conservación de espazos públicos.

A Xunta destinou máis de 84 mil euros ó concello de Lousame para a contratación destas cinco persoas. A achega enmárcase no investimento de preto de 800 mil euros que supón esta programa na comarca do Barbanza con 45 beneficiarios.

Nesta edición, o plan ‘Suma Talento, Rural Activo’, incorporou importantes novidades como a creación da figura do coordinador municipal de prevención de incendios, cun contrato adicional para xestionar os equipos de traballo e complementouse o programa formativo con materias específicas relacionadas os lumes, o uso de maquinaria e ferramentas forestais e  a seguridade no desenvolvemento destes traballos.