Ribeira aprobará o orzamento máis elevado da súa historia

    orzamentosribeira_100_250309.jpgRIBEIRA> O executivo levará ó pleno do próximo luns a aprobación dos orzamentos de 2009 que ascenden a preto de 24 millóns de euros.

    {flowplayer}barbanza/orzamentosribeira.flv{/flowplayer}

    A edil de Economía e Facenda, Herminia Pouso, acompañada de primeiro e segundo tenente alcalde do concello, Lola Elorduy e Vicente García, desglosou os distintos capítulos do documento orzamentario que ascende a 23.555.366 euros.

    Baixada do ICIO

    Un dos aspectos máis destacables refírese ó apartado dous dos ingresos, no que se rexistra unha notable baixa nos impostos indirectos, posto que a previsión de ingresos polo ICIO redúcese nun 91 por cento con respecto ó ano anterior.

    Non acontece o mesmo cos impostos directos que se incrementan en máis dun oito por cento debido principalmente ás novas altas que se incorporan ós padróns catastrais. Tamén ascenden lixeiramente os ingresos derivados das taxas por mor da revisión das ordenanzas fiscais.

    O apartado de transferencias correntes diminúe nun 13’39 por cento pero increméntanse nun 196 por centro as transferencias de capital, grazas ó Fondo Estatal de Investimento Local. O documento tamén contempla unha operación de crédito que supera o millón de euros.

    Redución dos gastos

    Con relación ós gastos redúcense os de persoal, xa que non figura a retribución do alcalde e se levou a cabo unha conxelación dos salarios dos cargos públicos. Pero sobre todo, diminúe dado que non exsite dotación de prazas para o obradoiro de emprego, ó non obter o concello a subvención para a súa posta en marcha. O gasto corrente redúcese tamén nun tres por cento.

    Inversións

    O apartado de inversións supera os oito millóns de euros que se destinarán principalmente á dotación de auga, saneamento e á mellora das vías públicas.

    Outras das partidas máis importantes desglosadas nestes orzamentos destinaranse á construción da sede da policía local, a remodelación da antiga escola de Corrubedo, a redacción do Plan Xeral ou a urbanización exterior do mercado municipal de Palmeira, entre outras moitas inversións.

    Con estes presupostos, dende o concello tentan mante-lo equilibrio financieiro baseándose nunha política económica austera que ten como principio a redución das partidas máis superfluas.

    Redacción Barbanza