O concello de Noia ultima os detalles para a estrea do novo pavillón

NOIA> Tras rematar as obras do novo pavillón de Bergondo, o concello de Noia ultima as actuacións complementarias para a súa posta en marcha. Entre elas, a pavimentación da contorna e a conexión dos colectores de saneamento e abastecemento. Hai varias semanas que concluían as obras do pavillón de Bergondo, en Noia. O Concello traballa agora nas actuacións complementarias para poder proceder á súa inauguración.Proximamente, executarase tamén un almacén para os equipamentos deportivos e unha grada desmontable que permitirá acoller diversas actividades deportivas como padel ou badminton. Deste modo, o novo pavillón suporá un complemento ós dous polideportivos con que xa conta o municipio permitindo ampliar a oferta deportiva.