Un condutor ‘kamikaze’ provoca un accidente na autovía da Barbanza

POBRA> A Garda Civil de Tráfico investiga as posibles causas dun accidente que tiña lugar esta mañá, ó redor das seis e media, na autovía do Barbanza, á altura do concello da Pobra, xa que un dos vehículos implicados na colisión circulaba en sentido contrario e o seu condutor podería estar baixo os efectos do alcol e as drogas.
Ó parecer un dos tres vehículos implicados na colisión conducía en sentido contrario e podería ir baixo os efectos do alcol ou as drogas. Dase a circunstancia que o condutor do turismo ‘kamikaze’ é Jorge González, o mozo ribeirense de 33 anos que estivo desaparecido durante 48 horas esta pasada fin de semana.
A pesar da aparatosidade do accidente, ningún dos ocupantes dos tres vehículos implicados resultou ferido de consideración, aínda que por precaución, foron trasladados ó hospital da Barbanza. No operativo participaron bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro, Protección Civil da Pobra, Garda Civil de Tráfico, 061 e operarios da empresa de conservación da propia autovía.