Noia avanza no saneamento do concello coa mellora dos pozos de bombeo

NOIA> A mellora do saneamento é unha das prioridades do actual executivo de Noia. Dende a súa chegada ó goberno realizaron unha serie de investimentos na rede de pozos de bombeos que se presentaba un funcionamento moi deficitario.

As obras de mellora da EDAR de Noia, acometidas por Augas de Galicia, estarán rematadas a finais de setembro. Aínda así, a entrada en servizo da EDAR non solucionará por completo os problemas de saneamento posto que tan só depurará ó redor do corenta por cento das augas.

Entre elas, a mellora da rede dos pozos de bombeo na que o concello está a realizar un importante investimento xa que presentaba un estado moi deficitario. Unha das actuacións principais acometerase no pozo de Abruñeiras.

Tamén está prevista a substitución do pozo da Albariza e a posta en marcha do da Barquiña, parado dende o 2022. Xunta a estas melloras, o goberno habilitou unha partida para a adquisición dun camión dotadoscun aspirador de pozos que permita o mantemento da rede.