A Copa de España de Trial chega ó Pousadoiro

trial250_260309.jpgVILAGARCÍA> O Motoclub Sqem de Vilagarcía organiza esta fin de semana a primeira proba puntuable para a Copa de España de Trial 2009. Este ano serán seis as categorías que compitan no Pousadoiro. Moitas das miradas estarán postas nos pilotos locais, Verónica e Carlos Miguéns, e como non, na oito veces campiona do mundo desta especialidade, Laia Sanz.

{flowplayer}images/salnes/trial_260309.flv{/flowplayer} 

A partires das 10:00, este domingo, nas inmediacións do Polígono do Pousadorio, darase saída á primeira proba Copa de España de Trial. Organizada por Sqem, este ano cítanse seis categorías: Feminas A, Feminas B, TR3, Cadete, Juvenil 80 e Juvenil 125. Un trial que consta de oito zonas polas cales os pilotos deberán dar tres voltas. Este ano, o percorrido trata de evitar accidentes.

Entre os participantes, coma sempre os dous irmáns Verónica e Carlos Miguéns. El ascendeu de cateoría este ano e non o terá nada sinxelo para estar entre os primeiros. Ela, que disputará esta temporada as probas da Copa do Mundo de Trial Feminino, síntese con ganas de facer algo importante. Con todo, este ano os estudios primaron por enriba dos adestramentos.

Dende a organización, como en edicións anteriores, tívose especial ciudado co espazo de monte que utilizarán. Un traballo de moitas semanas nas que adecentaron unha zona plagada de lixo.

Todo estará polo tanto listo para ver o domingo un gran espectáculo de trial.

Redacción Salnés