Ponte Andadas´18 aterra con 6 novas rutas para fomentar o deporte

Pontevedra> A concelleira de Deportes en Pontevedra presentou esta mañá unha nova edición de Ponteandadas. Unha cita que ten como fin potenciar o deporte e a cultura do concello. Neste ano contarán con 6 rutas, 3 serán antes do verán e outras 3 despois. Rutas todas elas que percorrerán a gran meirande parte das parroquias pontevedresas.

Unha nova edición de Ponteandadas chega á cidade co fin de fomentar o deporte e tamén os diferentes espazos culturais e patrimonias co concello.

Para inscribirse soamente hai que ser maior de 12 anos. Os interesados deberán realizar a súa incrición a través do mail, ponteandadas.@gmail.com ou directamente na Casa da Luz de 11:00 da mañá a 12:30. Os que queiran realizar as 6 andainas poderán incribirse por 8 euros, os que desexen realizar algunha puntual o prezo será de 2 euros. Todo co fin de asegurar a participación e tamén de pagar o seguro.

Trátase de 6 circuítos que percorrerán a meirande parte das parroquias de Pontevedra.

O do Pontillón do Castro – Cerponzóns será o 11 de marzo, o de Ponte Sampaio o 15 de abril, do de Lago de Castiñeiras o 13 de maio, o de Foxo do Lobo o 9 de setembro, a Serra da Fracha o 7 de outubro e a derradeira andaina será o 4 de novembro na Senda do Lérez.